O pellet de madeira é un combustible ecolóxico estandarizado composto de serrines, achas e labras de madeira prensadas e libres de calquera aditivo.

Cunhas características fisicoquímicas definidas, os pellets preséntanse como a alternativa dentro da calefacción a través de enerxías renovables.

Na súa carta de presentación inclúese:

  • Humidade constante: máis baixa que a leña convencional.
  • Comodidade: O seu deseño permite un transporte automatizado desde silo ata a cámara de combustión.
  • Protección do medio ambiente: calefactar con pellets implica un balance neutro de CO2

Alta eficiencia en moi pouco espazo: Aproximadamente 2 Tn de pellet Ecowarm equivalen a 1000 litros de gasóleo, a 900 m3 de gas natural e a 4,5 m3 de acha de madeira.

Galego    Castellano

¿Por que usar el pellet Ecowarm?

A elaboración do pellet de madeira Ecowarm é entendida como un produto de deseño. Das mellores materias primas obtense a mestura precisa para garantir, por unha banda a mellor capacidade de ignición e polo outro o maior poder calorífico, a súa maior virtude.

Un exhaustivo control de calidade vela pola constancia nas propiedades do pellet Ecowarm, feito que inflúe directamente no bo funcionamento de estufas e caldeiras, multiplicando a súa vida útil.

O pellet Ecowarm superou con sobresaliente as probas máis duras efectuadas polos principais fabricantes de caldeiras, chegando a utilizar o noso produto como referencia para a súa I+D.